DESTINATARIOS:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2022.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos
que se especifican a continuación ou por calquera dos medios legais
establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED534A&ano=2022&numpub=1&lang=es
Os centros son os seguintes:
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA:
A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
PARTES DA PROBA:
1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades.
2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos.
Máis información como por exemplo outra documentación a presentar, premendo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario