lunes, 27 de febrero de 2023

Resolución sobre a Proba de Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade

 Materias obxecto de exame na ABAU:

  O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión (incluída a cualificación media dun ciclo de grao superior de Formación Profesional) poderá examinarse na parte voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de bacharelato de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais. Teranse en conta as dúas materias aprobadas nas que se obtivese mellor nota.

   Será a comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) quen determine proximamente as datas concretas de solicitude de matrícula e de realización das probas.

    Máis información premendo na imaxe: