martes, 23 de junio de 2020

Instrucións xerais do proceso de admisión para fp dual

Publicadas instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación Educativa sobre a admisión en fp dual para o curso 2020-2021. Prema na imaxe para acceder á información:

Formación profesional dual en Galicia | Xunta de Galicia

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020-2021

Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2020.

Prema na imaxe para obter información sobre modalidades de acceso, requisitos, documentación, datas das probas e outros aspectos importantes do desenvolvemento do acceso a estas ensinanzas.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2016 en Galicia ...

viernes, 19 de junio de 2020

Publicados os prazos do proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2020-2021

Prazos de admisión tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas. Prema na imaxe para obter a información:

Portada | Xunta de Galicia

Prazos de admisión na FP dual. Acceso á información premendo na imaxe:

Portada | Xunta de Galicia

Inicio da fase de asesoramento do procedemento de acreditación de competencias profesionais

Próxima publicación coas datas de convocatoria á primeira reunión grupal; esta reunión é obrigatoria e será necesario entregar o xustificante de pago das taxas da fase de asesoramento ao inicio da mesma.

Acceda ao enlace coas novidades premendo na imaxe:

 Abierto el plazo para la solicitud de acreditaciones de ...

Prema aquí para obter información sobre como pagar as taxas da fase de asesoramento




Acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020-2021

Publicada resolución no DOGA de hoxe na que se establecen datas de solicitudes de admisión, lugares de realización das probas de acceso e outras cuestións importantes:

Acceso á resolución premendo na imaxe:


Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño ...

miércoles, 17 de junio de 2020

Listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos de grao medio. Convocatoria 2020

Prema na imaxe para acceder á listaxe provisional de cualificacións:
Probas de acceso a ciclos 2019 - Rodolfo Ucha Piñeiro
Período de reclamación: do 17 ao 19 de xuño, ambos incluídos, no centro no que se presentou a solicitude de inscrición.

Modelo de reclamación

Listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos de grao superior. Convocatoria 2020


Prema na imaxe para acceder á listaxe provisional de cualificacións:
Probas de acceso a ciclos 2019 - Rodolfo Ucha Piñeiro
Período de reclamación: do 17 ao 19 de xuño, ambos incluídos, no centro no que se presentou a solicitude de inscrición.

Modelo de reclamación


Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2020-2021

Condicións das persoas aspirantes:
  1. Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
  2. Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
  3. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba. 
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario esta-blecido nesta resolución

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
  • Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
  • As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
  • Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
  1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
  2. As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo nas escolas de arte e superiores de deseño.
Máis información premendo na imaxe: 

 EASD Pablo Picasso - CROA MAGAZINE

Acceso e admisión en ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2020-2021

Condicións das persoas aspirantes:
  1. Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
  2. Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
  3. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba. 
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario esta-blecido nesta resolución

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
  • Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
  • As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
  • Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
  1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
  2. As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 
Máis información premendo na imaxe: 


Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ...