lunes, 22 de junio de 2026

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2026 - 2027

Persoas beneficiarias:

Alumnado que no curso 25/26 inicie ou continúe estudos posobligatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados nos termos municipales da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúnan os requisitos establecidos na orde de convocatoria (acceso premendo na imaxe).
 
Presentación de solicitudes:
 
As solicitudes presentaranse preferiblemanete por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento ED306A) aínda que tamén poderanse presentar presencialmente nos centros residenciais docentes. 
 
No seguinte enlace atópase máis información sobre cada un dos Centros Residencias Docentes: 

Para o alumnado matriculado en bacharelato: ata o 17 de xullo 
Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: ata o 5 de agosto

Máis información sobre o procedemento de solicitude, documentación e condicións da persoa solicitante premendo na imaxe:

 

lunes, 15 de junio de 2026

Publicado o calendario escolar para o curso 2026 - 2027

  AS ACTIVIDADES LECTIVAS ABRANGUERÁN OS SEGUINTES PERÍODOS:

 As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior da formación profesional, nos cursos de especialización e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027, ambos incluídos.

Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027, ambos incluídos. 

VACACIÓNS ESCOLARES:

Nadal: desde o 22 de decembro de 2026 ata o 7 de xaneiro de 2027, ambos inclusive.

Entroido: os días 8, 9 e 10 de febrero de 2027.

Semana Santa: desde o 22 de ao 29 de marzo de 2027, ambos inclusive.

Máis información premendo na imaxe:

 

Oferta Formación Profesional en Galicia para o curso 2026 - 2027

Formación Profesional Ordinaria

 

Formación Profesional Modular Presencial

Formación Profesional Modular Semipresencial e A Distancia 

Formación Profesional Dual Intensiva 

 

Formación Profesional Acelerada 

Cursos de Especialización 

Programas Formativos de Formación Profesional 

 

lunes, 8 de junio de 2026

Calendarios de admisión en Formación Profesional para o curso 2026 - 2027

 A continuación expóñense as táboas cos diferentes calendarios de admisión en función do tipo de oferta:

 

 

 


Máis información aquí