jueves, 20 de agosto de 2020

Calendario de admisión de FP básica

Prazo de presentación da solicitude de admisión: desde o día 1 de setembro ata as 13:00 horas do día 11 de setembro.
Será necesario presentar a seguinte documentación no centro educativo no que se pretenda ser admitido:
  • Solicitude de admisión
  • DNI en caso de non dar o consentimento para a comprobación de datos.
  • Comunicación de incorporación á FP básica do centro de procedencia do/a alumnno/a.
  • Consentimento de incorporación á FP básica asinado polo/a pai/nai do/a alumno/a en caso de menores de idade.
  • Consello orientador do centro educativo de procedencia do/a alumno/a.
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.
Enlace á documentación necesaria

Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo o día 14 de setembro.
 
O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula no centro educativo desde o día 14 ao día 21 de setembro.

Prema na imaxe para obter máis información:
 Cultura y Educación publica en el Diario Oficial de Galicia el ...

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2018 - 2019

A continuación os enlaces ás listaxes:

Listaxe provisional de alumnado admitido

Listaxe provisional de alumnado excluído

martes, 11 de agosto de 2020

Axudas ao estudo e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:

O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 30 de setembro de 2020, inclusive.

As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no centro educativo no que realice os estudos no curso 2020 - 2021.


2. Destinatarios:

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno do espectro autista ou asociada a alta capacidade intelectual que curse estudos nos niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grado Superior e Formación Profesional Básica, Programas de formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional.

3. Requisitos:

  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2019.
  • Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar cursando algunha das ensinanzas do punto 2.
  • Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante:
    • Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33%. Os solicitantes que obtiveran axuda ou subsidio no curso 2019 - 2020 quedan dispensados da presentación deste certificado.
    • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do instituto de Maiores e Servizos Sociais u órgano correspondente da comunidade autónoma ou certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente, no caso dos alumnos con trastorno grave de conduta.
  • No caso de alumnos de altas capacidades, deberán reunir os seguintes requisitos para percibir as axudas ou subsidios:
    • Presentar a necesidade de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual acreditada mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa competente.
    • Ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2020.
    • Estar cursando Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior ou Ensinanzas Artísticas Profesionais. 

4. Cuantía da axuda:

Compoñentes:

Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte escolar: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 105 euros para Educación Primaria, ESO e FP básica, para o resto dos niveis ata 204 euros. (Non se concede para Educación Infantil)
Axuda para reeducación pedagóxica: ata 913 euros
Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913 euros

Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o correspondente servizo.

Máis información sobre as cuantías no enlace anterior, sobre os requisitos de carácter económico.

Máis información neste enlace

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

 SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...

lunes, 10 de agosto de 2020

Bolsas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado de niveis postobrigatorios

1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:

Os prazos para presentar a solicitude abranguerán ata:
  • O 15 de Outubro de 2020, inclusive, para os estudantes universitarios.
  • O 1 de Outubro de 2020, inclusive, para os estudantes non universitarios. 
A solicitude realizarase de xeito telemático:

Enlace para realizar a solicitude

2. Destinatarios:

Alumnado matriculado nalgunha das seguintes ensinanzas:
  • Bacharelato
  • Formación Profesional Básica
  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior en calquera das súas modalidades
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais e Superiores
  • Ensinanzas Deportivas
  • Estudos Relixiosos Superiores
  • Ensinanzas de Idiomas realizadas en Escolas Oficiais de titularidade pública, incluída a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á FP e cursos de formación específica para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior impartidos en centros públicos e privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de FP.
  • Ensinanzas Universitarias (Graos, Máster e Complementos de Formación)
  • Cursos de preparación para o acceso á universidade de maiores de 25 anos impartidos por universidades públicas.

3. Requisitos:

  • Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título do mesmo ou superior nivel ao correspondente dos estudos para os que se solicita a beca.
  • Cumprir os requisitos económicos legalmente establecidos (consultar aquí).
  • Estar matriculado nalgunha das ensinanzas do sistema educativo español enumeradas anteriormente.
  • Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No  caso de cidadáns da Unión Europea ou dos seus familiares deberán ter a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán ter a residencia legal en España.

4. Cuantía da bolsa:

Os diferentes conceptos da cuantía da bolsa que se poderán percibir son os seguintes (hai que ter en conta que segundo as condicións particulares de cada solicitante poderase percibir a cuantía dalgúns conceptos e non doutros):
  • Cuantía fixa ligada á renda do solicitante: 1.700 euros.
  • Cuantía fixa ligada á residencia do solicitante durante o curso: 1.600 euros.
  • Beca básica para estudantes non universitarios: 300 euros.
  • Cuantía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros.
  • Cuantía variable: o importe mínimo son 60 euros e o máximo depende da resolución total do conxunto da bolsas. Para solicitantes que non superen o umbral 1 ou 2 de renda familiar.
  • Beca de matrícula para estudantes universitarios: comprenderá o precio público oficial dos servizos académicos universitarios correspondente aos créditos en que se matriculara o estudante por primeira vez no curso 2020 - 2021).

Máis información neste enlace

Diferentes vídeos de axuda premendo aquí

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...