miércoles, 24 de febrero de 2021

CONVOCADA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

DESTINATARIOS:
 
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021. 
 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
 
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21
 
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
 
    O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican na instrución 5.4 da resolución da convocatoria (acceso á mesma premendo na imaxe) ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
 
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA:
 
    A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
 
PARTES DA PROBA:
 
1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. 

2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. 
 
 
Máis información premendo na imaxe:
 
 PRUEBA LIBRE PARA BACHILLERATO - 2019
 
A Consellería fai unha modificación á convocatoria anterior, modifícanse as datas e lugares de publicación de listaxes coas cualificacións provisionais e definitivas, enlace ás correccións aquí

viernes, 19 de febrero de 2021

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos. 

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

ESPECIALIDADES CONVOCADAS:

 1. Especialidades obxecto de exame na primeira convocatoria: 

Carnés profesionais:

 – Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

 – Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

Habilitacións profesionais: 

 – Operador/a industrial de caldeiras. 

2. Especialidades obxecto de exame na segunda convocatoria:

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios. 

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

 – Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A e B.

 Habilitacións profesionais: 

 – Operador/a industrial de caldeiras.

 – Instalador/a de gas, categoría A, B e C.

 – Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I e II. 

 – Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III. 

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

 – Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

 – Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

 – Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

A sede de realización dos exames para cada especialidade e outra información relevante publicarase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp/carnes-profesionais

 Acceda á convocatoria premendo na imaxe:

 Resultado de imagen de carnés e habilitacións profesionais

 

jueves, 18 de febrero de 2021

CONVOCADAS AS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

DESTINATARIOS:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo  na imaxe).


PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:

 –Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

 –Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 da convocatoria ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal3. 

 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 21 de maio e 10 de setembro de 2021 para as respectivas convocatorias. 

 

PARTES DA PROBA:

Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música. 

Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 Resultado de imagen de probas libres eso galicia

miércoles, 10 de febrero de 2021

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 CICLOS DE GRAO MEDIO

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma.

ESTRUTURA DA PROBA

  • Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  • Matemática: exame de Matemáticas.
  • Científico-técnica: exames de Ciencias da natureza e Tecnoloxía.

Datas presentación de solicitudes: 15-26 de marzo de 2021

Data de realización da proba: 27 de maio de 2021

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

ESTRUTURA DA PROBA 

  • Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
  • Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
    • Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
    • Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
    • Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.

Datas presentación de solicitudes: 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021

Data de realización da proba: 15 de abril de 2021

 INFORMACIÓN XERAL:

Materiais das probas de acceso:

Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.

Lugar de presentación de solicitude

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal)

As solicitudes poderanse tamén presentar impresas logo de cumplimentalas na devandita aplicación informática en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.

Prema na imaxe para acceder á convocatoria:

 Resultado de imagen de probas de acceso a ciclos fp

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER AO CALENDARIO DAS PROBAS

jueves, 4 de febrero de 2021

CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, 2, 3 E 4


QUE TIPO DE CURSOS SE CONVOCAN?

cursos CELGA presenciais (CELGAS 3 e 4)
cursos CELGA en liña (CELGAS 1, 2, 3 e 4) 

    Os lugares e datas dos cursos figuran no anexo II da resolución (premendo na imaxe ao final da entrada)

QUEN OS PODE SOLICITAR?

  1. Persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria. 
  2. No caso dos cursos en liña, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:  
        – Un ordenador con conexión a internet. 
        – A conta de correo electrónico especificada na solicitude. 
        – Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
 

CANDO E COMO SE SOLICITAN?

    Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas.  

    O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (D.O.G.A. 03/02/2021).

    Cursos presenciais: cubrir o formulario de solicitude, que se publica como anexo I da resolución, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  

    Cursos en liña: cubrir o mesmo formulario de solicitude e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. As solicitudes dos cursos en liña presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 

    Máis información premendo na imaxe:

Resultado de imagen de celga 2021