miércoles, 17 de marzo de 2021

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4 PARA O ANO 2021

PERSOAS DESTINATARIAS:

Maiores de 16 anos ou que os fagan no presente ano 2021

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO:

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo I da orde de convocatoria (acceso premendo  na imaxe), e aboar a taxa correspondente.O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (18/03/2021). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal aínda que opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: 

a) Xustificante de pagamento da taxa

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

    Prema na imaxe para máis información:

 La Xunta convoca los cursos de gallego preparatorios de las pruebas Celga  2021 con más de 1000 plazas en línea y presenciales | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

miércoles, 10 de marzo de 2021

CONVOCADAS AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DAS ENSINANZAS DE IDIOMAS PARA O CURSO 2020 - 2021

A consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas para a obtención dos certificados dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 de varios idiomas.

Prazo de matrícula: do 10 ao 26 de marzo

Procedemento de matrícula: online, no seguinte enderezo: https://www.informaticacentros.com/xunta/

Prema na imaxe para acceder á convocatoria:

 Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2017/2018 | IES  Politécnico de Vigo

lunes, 1 de marzo de 2021

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR ADMISIÓN NOS CENTROS ESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO 2021 - 2020

DESTINATARIOS:

Alumnado das etapas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

PRAZO:

 Do 1 ao 22 de marzo (ambos incluídos)

PROCEDEMENTO: 

As solicitudes de admisión poderán presentarse tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas realizarase antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.