viernes, 25 de junio de 2021

Como solicitar ciclos medios e superiores de Formación Profesional

    A solicitude para primeiros cursos de ciclos de FP tanto en réxime ordinario como modular (de adultos) é preciso realizala vía online a través da plataforma da Consellería destinada a tal efecto: aquí tedes a ligazón: ciclosadmision.  A continuación deíxovos un tutorial sobre o uso da mesma. Recomendo o visionado porque aclara o seu emprego adecuado.

 


    Ademáis estas instrucións poden facilitar a elaboración da solicitude (premer na palabra instrucións para acceder a elas).

    As solicitudes deberán realizarse entre o 25 de xuño e o 5 de xullo ata as 13:00 horas

   O día 20 de xullo sairá a primeira adxudicación de prazas. No caso de que sexa adxudicada a praza na primeira preferencia incluída na solicitude de admisión, será necesario formalizar a matrícula no primeiro prazo de matriculación: do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas no centro correspondente ou ben de xeito online a través da plataforma de admisión. No caso de que a praza adxudicada fora unha segunda ou posterior opción de preferencia da solicitude, pódese renunciar á praza adxudicada ou matricularse nela. Ante a renuncia, quedaría en listaxe de espera para as opcións de maior preferencia aínda que implica o risco de non ser admitido en ningunha (ver datas de segunda adxudicación e da primeira adxudicación de setembro no calendario de admisión premendo na imaxe). 

 

  Toda a información relativa a listaxes de solicitantes, adxudicacións, listaxes de espera,etc. poderá consultarse na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022

  Cómpre recordar que a admisión á FP dual ten certas diferencias, achego ás instrucións propias desta modalidade nesta ligazón.

lunes, 21 de junio de 2021

Oferta de Ciclos de Formación Profesional e Cursos de Especialización para o vindeiro 2021 - 2022

 A continuación, os enlaces á oferta de ciclos de FP tanto de grao básico como medio e superior nos réximes: ordinario, modular presencial, modular a distancia e dual así como os cursos de especialización. Inclúese tamén a oferta de programas formativos para alumnado con necesidades educativas especiais:

Réxime ordinario

Réxime modular presencial

Réxime modular a distancia

Réxime dual

Cursos de especialización 

Programas formativos 

Período de solicitude: do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas, salvo o réxime dual que abrangue do 25 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas e os programas formativos, que precisan a derivación do EOE.

jueves, 17 de junio de 2021

Procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou vías non formais de formación

Este procedemento consiste no recoñecemento dunha ou varias unidades de competencia recollidas nas diferentes cualificacións profesionais a través das fases de asesoramento, avaliación e acreditación das competencias profesionais.

A partires de agora este procedemento estará aberto permanentemente, sendo posible solicitar a participación no mesmo en calquera momento.

Requisitos para a participación:

1. Posuír a nacionalidade española, atoparse incluído como persoa residente comunitaria ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

2. Ter 18 anos, para as unidades de competencia de nivel 1, e 20 anos para as de nivel 2 e 3.

3. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.

a. Experiencia laboral.

i. Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.

ii. Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos dous anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.

b. Formación non formal.

i. Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos.

ii. Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos 200 horas nos últimos 10 anos.

4. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

Como facer a solicitude:

A solicitude de participación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información acreditación, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Máis información premendo na imaxe (extraída de trazosdigital.com):

CONVOCATORIA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONALES | Trazos Digital

martes, 15 de junio de 2021

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021 - 2022

Persoas beneficiarias:

Alumnado que no curso 21/22 inicie ou continúe estudos posobligatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados nos termos municipales da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúnan os requisitos establecidos na orde de convocatoria.
 
Presentación de solicitudes:
 
As solicitudes presentaranse preferiblemanete por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) aínda que tamén poderanse presentar presencialmente nos centros residenciais docentes. 

O formulario de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar estarán dispoñibles tamén no portal educativo e nas dependencias dos centros residenciais docentes.
 
Prazo de presentación de solicitudes:
 
Período ordinario:
Para o alumnado matriculado en bacharelato: entre o 17 de xuño e o 9 de xullo (incluídos)
Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: entre o 17 de xuño e o 2 de agosto
Período extraordinario:
Entre o 14 e o 22 de setembro

Máis información sobre o procedemento de solicitude e condicións da persoa solicitante premendo na imaxe:
 
 El centro | CRD de A Coruna
 
 
 

viernes, 4 de junio de 2021

Preinscrición na universidade 2021 - 2022

 Prema nas imaxes para acceder á convocatoria para a preinscrición:


 

Oferta de prazas do Sistema Universitario de Galicia (oferta provisional), prema nas imaxes para velas con máis claridade: