viernes, 25 de junio de 2021

Como solicitar ciclos medios e superiores de Formación Profesional

    A solicitude para primeiros cursos de ciclos de FP tanto en réxime ordinario como modular (de adultos) é preciso realizala vía online a través da plataforma da Consellería destinada a tal efecto: aquí tedes a ligazón: ciclosadmision.  A continuación deíxovos un tutorial sobre o uso da mesma. Recomendo o visionado porque aclara o seu emprego adecuado.

 


    Ademáis estas instrucións poden facilitar a elaboración da solicitude (premer na palabra instrucións para acceder a elas).

    As solicitudes deberán realizarse entre o 25 de xuño e o 5 de xullo ata as 13:00 horas

   O día 20 de xullo sairá a primeira adxudicación de prazas. No caso de que sexa adxudicada a praza na primeira preferencia incluída na solicitude de admisión, será necesario formalizar a matrícula no primeiro prazo de matriculación: do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas no centro correspondente ou ben de xeito online a través da plataforma de admisión. No caso de que a praza adxudicada fora unha segunda ou posterior opción de preferencia da solicitude, pódese renunciar á praza adxudicada ou matricularse nela. Ante a renuncia, quedaría en listaxe de espera para as opcións de maior preferencia aínda que implica o risco de non ser admitido en ningunha (ver datas de segunda adxudicación e da primeira adxudicación de setembro no calendario de admisión premendo na imaxe). 

 

  Toda a información relativa a listaxes de solicitantes, adxudicacións, listaxes de espera,etc. poderá consultarse na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022

  Cómpre recordar que a admisión á FP dual ten certas diferencias, achego ás instrucións propias desta modalidade nesta ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario