viernes, 25 de febrero de 2022

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos

DESTINATARIOS:
 
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2022. 
 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
 
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22
 
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
 
    O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican a continuación ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED534A&ano=2022&numpub=1&lang=es
 
    Os centros son os seguintes:
 
 
 
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA:
 
    A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
 
PARTES DA PROBA:
 
1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. 

2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. 
 
 
Máis información como por exemplo outra documentación a presentar, premendo na imaxe:
 
 PRUEBA LIBRE PARA BACHILLERATO - 2019

 

martes, 22 de febrero de 2022

Resolución sobre a Proba de Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade

Materias obxecto de exame na ABAU:

 

  O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión (incluída a cualificación media dun ciclo de grao superior de Formación Profesional) poderá examinarse na parte voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais. Teranse en conta as dúas materias aprobadas nas que se obtivese mellor nota.

   Será a comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) quen determine proximamente as datas concretas de solicitude de matrícula e de realización das probas.

    Máis información premendo na imaxe: