Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I (código de procedemento ED527A) desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitaciónprofesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de febreiro ao día 8 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 20 de xuño ao día 4 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.
A información referente ás persoas admitidas, aprobadas e outra información... consultarase no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.gal/fp/carnes-profesionais
Acceso á orde de convocatoria para obter información sobre os dous períodos de convocatorias, documentación a presentar xunto coa solicitude, datos a cubrir na solicitude, etc. premendo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario