jueves, 30 de noviembre de 2023

Practicas no estranxeiro para alumnado do CIFP SOMESO


PRAZO DE INSCRICIÓN: do 27 de novembro ata o 12 de decembro de 2023

DOCUMENTACIÓN: Formulario de inscrición e currículo en formato europass

Documentación disponible na aula virtual ou na web do centro

Claves de automatriculación para a aula virtual 

Para o alumnado de ciclos medios: MEDIO

Para o alumnado de ciclos superiores: SUPERIOR 

LUGAR DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: aula virtual, conserxería, despacho 109 ou enviar por email a: international@cifpsomeso.edu.es

 

Programa Erasmus+: se pone en marcha un nuevo proyecto internacional para  luchar contra el antisemitismo a través de la educación - Europe Direct  Navarra 

 

 

viernes, 1 de septiembre de 2023

Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación Práctica en Centros de Traballo ou FP Dual

Destinatarios:
 
Alumnado de segundo curso dun ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas ou programas formativos así como calquera ciclo de FP dual que realice as prácticas en empresas ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate a súa FCT ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2023.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos outubro 2022 - marzo 2023 e nos períodos xaneiro - xuño, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2023: 31 días naturais contados a partir do 29 de agosto de 2023. O alumnado de FP Dual acollerase a este prazo.
  • Segundo prazo, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023: entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2023

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Máis información premedo na imaxe:

 
 Axudas económicas para a formación práctica en empresas

 

jueves, 22 de junio de 2023

Oferta FP curso 2023 - 2024

 Prema na imaxe para acceder á oferta de FP do vindeiro curso 2023 - 2024

Congreso de Innovación en la FP. INNOVA FP Galicia | Consellería de  Cultura, Educación y Universidad

Convocatoria de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados CELGA e de linguaxe administrativa

 Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas solicitantes deberán cubrir unha única solicitude telemática por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición abranguerá do 3 ao 14 de xullo de 2023 para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro - decembro) e do 13 ao 24 de novembro de 2023 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro - maio)

Lugares de realización dos curso e outra información premendo aquí

lunes, 12 de junio de 2023

Preinscripción, matrícula e prazas nas universidades galegas

Convocatoria de preinscrición e matrícula


Prazas nas universidades galegas:

PRAZOS DE ADMISIÓN NA FP GALEGA. CURSO 2023 - 2024

 A continuación os prazos do proceso de admisión nos distintos graos da FP, básico, medio e superior así como cursos de especialización, tanto nas modalidades ordinaria como de adultos (presencial, a distancia e dual):

 

 

 

 

Vídeo de axuda para a realización das solicitudes (excepto da Formación Profesional de grao básico, na que serán os institutos de ESO os encargados de cargar as solicitudes)

Máis información premendo na imaxe: