miércoles, 29 de abril de 2026

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026 - 2027

Tipos de ensinanzas artísticas superiores:

  1.     Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
  2.     Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  3.     Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
  4.     Ensiananzas artísticas superiores de Música.

Requisitos comúns das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos (de 16 para estudos superiores de música) que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores. No artigo 2.5 da convocatoria (premer imaxe inferior) establécense exencións para a realización desta proba.

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes: 

Prazo: dende o 28 de abril ata a data límite segundo modalidade (ver anexos da convocatoria)

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscición directamente nas secretarías dos centros.

As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados na convocatoria.

Máis Información sobre requisitos, prazos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe para acceder á convocatoria:

 


martes, 7 de abril de 2026

Bolsas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado de niveis postobrigatorios


1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:

Os prazos para presentar a solicitude abranguerán do 7 de abril ao 18 de maio ás 15:00
 
 
2. Como realizar a solicitude?:
 
A solicitude realizarase de xeito telemático no seguinte enlace:

Enlace para realizar a solicitude
 
3. Destinatarios:

Alumnado matriculado nalgunha das seguintes ensinanzas:
  • Bacharelato
  • Formación Profesional de grao básico, medio e superior en calquera das suas modalidades
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais 
  • Ensinanzas Deportivas
  • Estudos Relixiosos Superiores
  • Ensinanzas de Idiomas realizadas en Escolas Oficiais de titularidade pública, incluída a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á FP e cursos de formación específica para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior impartidos en centros públicos e privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de FP.
  • Cursos de acceso á universidade para maiores de 25 anos impartidos por universidades públicas.
  • Ensinanzas Universitarias (Graos, Máster)
  • Ensinanzas Artísticas Superiores
4. Requisitos:

  • Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente dos estudos para os que se solicita a beca.
  • Estar matriculado nalgunha das ensinanzas do sistema educativo español enumeradas anteriormente.
  • Non estar repetindo no curso actual.
  • Cumprir algúns requisitos académicos específicos do curso. Ver información nos seguintes enlaces:
    • Para solicitar beca para cursar estudos non universitarios: enlace 
    • Para solicitar beca para cursar estudos universitarios: enlace   
  •  Cumprir os requisitos económicos establecidos (consultar a información nos enlaces anteriores).
  • Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No  caso de cidadáns da Unión Europea ou dos seus familiares deberán ter a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán ter a residencia legal en España a 31 de decembro de 2025 (non é suficiente ter concedida a autorización de estancia).

5. Cuantía da bolsa:

Os diferentes conceptos da cuantía da bolsa que se poderán percibir son os seguintes (hai que ter en conta que segundo as condicións particulares de cada solicitante poderase percibir a cuantía dalgúns conceptos e non doutros):
  • Cuantía fixa básica: 300 euros ou 350 no caso de graos básicos de FP. No caso de estudos universitarios bolsa de matrícula, dependerá da cuantía da matrícula
  • Cuantía fixa ligada á renda do solicitante: 1.700 euros.(é incompatible coa cuantía fixa básica)
  • Cuantía fixa ligada á cambio de residencia do solicitante durante o curso: 2.700 euros.
  • Cuantía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros.
  • Cuantía variable: o importe mínimo son 60 euros e o máximo depende da resolución total do conxunto da bolsas.  

Máis información neste enlace

Diferentes vídeos de axuda premendo aquí
 
INFORMACIÓN IMPORTANTE: