lunes, 31 de mayo de 2021

ACCESO AOS CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN DE FP. CURSO 2021 - 2022

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 aos cursos de especialización de FP. Queda pendente de publicar a oferta dos mesmos así como os requisitos de acceso a cada un deles.

 

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Deberase cubrir unha única solicitude (pendente de publicar) na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

ACCESO A FP DUAL CURSO 2021 - 2022.

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 aos ciclos formativos de Formación Profesional de FP dual.


Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision. (soamente activo durante o período de admisión) A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Tamén poderá cubrirse unha solicitude utilizando o formulario normalizado ED513A, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión ou en calquera outro que oferte FP dual.

As persoas admitidas nun proxecto de FP dual quedarán excluídas, e non serán adxudicadas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou no réxime para as persoas adultas. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos.

Máis información premendo na imaxe:

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA | BALIDEA

 

viernes, 28 de mayo de 2021

ACCESO A FP CURSO 2021 - 2022. Prazos do proceso de admisión.

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 aos ciclos formativos de Formación Profesional de grao medio e superior.

Prema para obter unha imaxe máis nítida:

 

A solicitude de admisión deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario (este asistente estará activo unicamente durante o período de solicitude).

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Máis información premendo na imaxe:

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA | BALIDEA

Publicados os parámetros de ponderación das materias troncais de modalidade e materias de opción da ABAU para o acceso á universidade en Galicia o vindeiro curso 2021 - 2022

 Prema na imaxe para acceder aos parámetros: