viernes, 20 de mayo de 2022

Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022 - 2023

 1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:

O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 30 de setembro de 2022, inclusive.

As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no centro educativo no que realice os estudos no curso 2022 - 2023.

2. Destinatarios:

a) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención con hiperactividade), que requiran por un periodo da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluido no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos con TEA (Trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas, non incluidos en el parágrafo anterior.

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación reglada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Poderán solicitar as axudas os alumnos e alumnas que non superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.

Asimesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con Trastorno do Espectro Autista e os alumnos con necesidad específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Para obter o subsidio requerirase ser membro de familia numerosa.

3. Requisitos:
  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2020.
  • Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
  • Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado de discapacidade, se é o caso, certificado do departamento de orientación do centro educativo, certificado médico nalgúns casos... Enlace aos requisitos específicos segundo a causa da necesidade. 
  • Requisitos de carácter económico para tódolos solicitantes (Consultar aquí)
4. Cuantía da axuda:

Compoñentes:

Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913 euros

Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o correspondente servizo.

Máis información sobre as cuantías no enlace anterior, sobre os requisitos de carácter económico.

Máis información neste enlace

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

 SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...

miércoles, 11 de mayo de 2022

Acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022- 2023

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 14 de xuño as persoas que teñan que presentarse ás proba sustitutiva da titulación requirida  (título de ESO para os ciclos de grao medio e título de Bacharelato para os ciclos de grao superior) e á proba específica. 

As persoas que teñan a titulación necesaria e so teñan que presentarse á proba específica ata o 21 de xuño.

As solicitudes faranse na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

Máis información (documentación requirida, requisitos, probas de acceso, etc) premendo na imaxe:

 Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño? |  I.E.S. SATURNINO MONTOJO

 

lunes, 9 de mayo de 2022

Publicadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados CELGA

As persoas inscritas nas probas CELGA (convocadas en marzo) terán nas vindeiras semanas os exames correspondentes.

Prema na imaxe para acceder a información coas datas e lugares de realización dos exames:

CELGA - Wikipedia, la enciclopedia libre