jueves, 22 de abril de 2021

COMO PRESENTARSE Á ABAU DESDE A FP DE GRAO SUPERIOR

  O alumnado que conte cun título FP de grao superior ou que esté en disposición de acadalo en xuño e desexe matricularse na parte voluntaria da proba de Avaliación do Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) para subir a nota de acceso á mesma, deberá facelo mediante o procedemento de matrícula anticipada dos días 7 ao 25 de maio.

   Este alumnado pode estar ante tres casos diferentes, vexamos o procedemento a levar a cabo en cada un nas devanditas datas:

1. Ter finalizada a FP en anos anteriores en centros de Galicia: neste caso o alumnado fará a súa matrícula a través da propia aplicación NERTA. Se non tivera os seus datos académicos na mesma, tería que solicitar ao centro de FP no que rematou o ciclo, que faga o traspaso de datos á devandita aplicación. 

2. Ter finalizada a FP e non ter conta de usuario en Nerta nin datos informatizados porque o ciclo de FP foi feito en centros de fora de Galicia:

    Neste caso o alumnado deberá enviar ao LERD correspondente por correo electrónico (datos de contacto premendo na imaxe) a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  • Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado, que poderá baixar da páxina web da CIUG cando se publique.
  • Xustificación de ter feito o depósito do título ou resgardo acreditativo de ter avoados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes.
  • Certificación expedida polo centro das cualificacións obtidas.
  • Acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título.

3. Estar en disposición de acadar o título de FP en xuño en centros de Galicia, estando pendente da finalización dos módulos de FCT e Proxecto:

  • O centro de FP ten que traspasar o expediente de XADE a NERTA, polo tanto o alumnado debe avisar na secretaría do centro que ten intención de presentarse á ABAU para que fagan o traspaso oportuno.
  • O alumnado deberá darse de alta na aplicación Nerta, aplicación a través da cal o alumnado debe matricularse e pode facer o pago das taxas correspondentes, se o pago se fai a través dunha oficina bancaria, debe imprimir o impreso de liquidación, realizar o pagamento correspondente e enviar copia do xustificante de ingreso ao LERD (datos de contacto premendo na imaxe) ou xustificación da exención.
  • Se non fose posible facelo do xeito anterior, o alumnado deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente por correo electrónico (datos de contacto premendo na imaxe) a seguinte documentación:
    • Fotocopia do DNI ou pasaporte.
    • Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado, que poderá baixar da páxina web da CIUG cando se publique.
    • Resgardo acreditativo de ter avoados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes.

 

Taxas de matrícula: 

  1. Ordinaria: 63.67
  2. Familia numerosa - categoría Xeral: 31,84
  3. Familia numerosa - Categoría Especial, peroas con discapacidade (igual ou superior ao 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero: Gratuita    

 Máis información sobre ás ABAU (lugares de realización das probas, horarios dos exames, modelos de exames de anos anteriores, notas de corte...) premendo na imaxe:

UNIVERSIDADE DE CORUÑA

lunes, 12 de abril de 2021

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP DE GRAO SUPERIOR CORRESPONDENTES AO CURSO 19 - 20

Persoas beneficiarias: alumnado que cursase estudos de Formación Profesional de grao superior (presencial ou a distancia) en Galicia no curso 2019 - 2020 e rematase en 2019 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes a contar desde o día seguinte a súa publicación no DOG (12/04/2021)
 
A participación realizarase a través da plataforma premiosedu
 
Acceso ao texto íntegro da convocatoria premendo na imaxe: