sábado, 30 de mayo de 2020

Probas libres para a obtención de títulos de FP LOE

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula: do 1 ao 12 de xuño de 2020

Lugar de presentación das solicitudes: secretaría do centro público elixido en primera opción. 

As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro



Requisitos das persoas solicitantes:
 
Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.
(*) Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:
  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.
(*) Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

viernes, 29 de mayo de 2020

Comunicación en Lingua de Signos para a atención sanitaria


https://l.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fview.genial.ly%2F5eb82562dcbe300d14a4fa33%2Fguide-atencion-sanitaria-en-lse-covid-19%3Ffbclid%3DIwAR1gUqlS0kpWdE2DiuvbXRxjF4Nwd-l_8ht72QeFBoooGnZKO73AONsWGX0&h=AT12ogpzte8-SBIu-DrrlQTsbh-UqXj-yrnM4WYkdW_pyTkyT-jdvWAemID-DvaH4Q-_KTC7Pcf9pK7S1o7p8Xqwtzkj_LzT_n5AU4a8oWd9f7XKSnhYVZU58J49cB7JBg&__tn__=H-R&c[0]=AT1hS5mJf-d02OWrH4MGD1CYkHxqeFmR8H3xyoMsrLC_8eBfO26m90dvnET7nPAuz9nFZtN2NULa_C3F6W_DKu0CN3n2Yh-fYiUa5DoFYFNtEboYZwyP-BfIJb7iVmK9a-EpjCwk7mo8TdTNhponwA

O/a intérprete de lingua de signos no ámbito educativo

O grupo de traballo de guías - intérpretes de lingua de signos española do ámbito educativo en Galicia elaborou un documento no que se recollen importantes cuestións a ter en conta nos centros educativos e nas aulas ou talleres nos que se conta cun/ha intérprete de lingua de signos.

Os/as Intérpretes de Lingua de Signos son un recurso humano imprescindible naqueles centros educativos nos que esté matriculado alumnado con discapacidade auditiva xa que facilitan a comunicación fluída entre as persoas xordas e ouvintes. No documento elaborado polo devandito grupo de traballo especifícanse consideracións a ter en conta para optimizar o traballo destes/as profesionais.

Enlace ao documento completo

Listaxes provisionais de admitidos e exluídos no procedemento de acreditación de competencias profesionais

Enlace á páxina coas listaxes por centros educativos

Prazo para realizar reclamacións: do 27 de maio ao 2 de xuño (ambos incluídos)

Organización xeral do sistema educativo


El Sistema Educativo - educaweb.com

Extraído de educaweb.com

Universidade Nacional de Educación a Distancia


A UNED é outro xeito de continuar estudos, con grande flexibilidade e variedade de opcións académicas.

Toda a información aquí

miércoles, 27 de mayo de 2020

Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias profesionais

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establece mediante resolución, novas datas para o restablecemento do procedimento de acreditación de competencias profesionais.

Enlace ao texto íntegro da resolución

martes, 26 de mayo de 2020

Novas datas das probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior

Establécense novas datas para a realización das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior por resolución do 24 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Data proba de acceso a ciclos de grao medio: 10 de xuño de 2020
Data proba de acceso a ciclos de grao superior: 11 de xuño de 2020

Enlace ao texto completo da resolución

sábado, 23 de mayo de 2020

Recomendacións do SERGAS

Pautas sinxelas que recomenda o SERGAS que axudan a diminuir o impacto emocional nas persoas nesta situación de emerxencia sanitaria:
  1. Consulta fontes de información fiables. Limita o tempo dedicado a consultar novas sobre o coronavirus a dúas veces ao día. 
  2. Elabora e segue un plan de actividades.
  3. Manter a interacción con outras persoas a través do teléfono ou redes sociais. O uso das novas tecnoloxás e do teléfono para manter as relacións sociais pode diminuir o sentimento de soidade e de illamento.
  4. Recórdate que a túa actitude solidaria e responsable é imprescindible para axudar aos demáis e colaborar coas autoridades sanitarias.
  5. Se estás preocupado/a pode axudarte compartir as túas inquedanzas; pero evita que a conversa xire continuamente acerca disto Intenta manterte ocupado en actividades ocupacionais e de lecer.
  6. Mantén un horario de descanso axeitado, intentando deitarte e erguerte á mesma hora.
  7. Lava a cabo unha alimentación saudable, evita o picoteo e consume froitas e verduras.
  8. Fai actividade física dentro do fogar durante polo menos media hora ao día.
  9. Introduce técnicas sinxelas de relaxación na túa rutina diaria.
  10. O teu comportamento responsable é importante e absolutamente necesario para o teu coidado e o do resto da sociedade.
Extraído de sergas.gal

Apoiar aos nenos e nenas con TDAH

Artigo publicado na web childmind.org sobre os xeitos de apoiar aos nenos e nenas con TDAH durante a crise do COVID -19
Enlace ao artigo

Preservar o benestar emocional das persoas con TEA

Páxina da Confederación Autismo España con consellos para favorecer o benestar emocional das persoas con autismo.
Enlace á páxina

Recursos de saúde mental e benestar emocional

Páxina da Sociedade Española para o Avance da Avaliación Psicolóxica (SEAEP) que inclúe recursos de saúde menntal e benestar emocional durante a crise do coronavirus.
Enlace á páxina

Información, recomendacións e actividades da Cruz Vermella

Páxina da Cruz Vermella con información, recomendacións, actividades lúdicas e xogos para pasar o tempo na casa así como vídeos para axudar ás familias en tempos de coronavirus.
Enlace á páxina

Información sobre o covid - 19 para a cidadanía

Páxina do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con monografías e vídeos interesantes sobre o coronavirus.
Enlace á páxina

Claves para protexer a saúde mental dos/as adolescentes

Interesante entrevista á especialista Lisa Damour sobre como podemos axudar a cuidar da saúde mental dos e das adolescentes en tempos de coronavirus.
Enlace á entrevista

jueves, 14 de mayo de 2020