jueves, 5 de agosto de 2021

Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2021 - 2022

1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:


O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 30 de setembro de 2021, inclusive.

As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no centro educativo no que realice os estudos no curso 2021 - 2022.


2. Destinatarios:

Alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, así como alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a TEA, a TDAH ou a altas capacidades intelectuais e que esté escolarizado en niveis académicos non universitarios no curso 2021 - 2022.
 

3. Requisitos:

  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2020.
  • Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
  • Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado de discapacidade, se é o caso, certificado do departamento de orientación do centro educativo, certificado médico nalgúns casos... Enlace aos requisitos específicos segundo a causa da necesidade. 
  • Requisitos de carácter económico para tódolos solicitantes (Consultar aquí)

4. Cuantía da axuda:

Compoñentes:

Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica: ata 913 euros
Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913 euros
Axuda para programas específicos para alumnado con altas capacidades: ata 913 euros

Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o correspondente servizo.

Máis información sobre as cuantías no enlace anterior, sobre os requisitos de carácter económico.

Máis información neste enlace

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

 SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...
 

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para cursar estudos postobrigatorios no curso 2021 - 2022

 1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:


Os prazos para presentar a solicitude abranguerán ata:
  • O 14 de Outubro de 2021, inclusive, para os estudantes universitarios.
  • O 30 de Setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios. 
 
A solicitude realizarase de xeito telemático:
 

2. Destinatarios:

Alumnado matriculado nalgunha das seguintes ensinanzas:
  • Bacharelato.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior en calquera das súas modalidades.
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais e Superiores.
  • Ensinanzas Deportivas.
  • Estudos Relixiosos Superiores.
  • Ensinanzas de Idiomas realizadas en Escolas Oficiais de titularidade pública, incluída a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á FP e cursos de formación específica para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior impartidos en centros públicos e privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de FP.
  • Ensinanzas Universitarias (Graos, Máster e Complementos de Formación).
  • Cursos de preparación para o acceso á universidade de maiores de 25 anos impartidos por universidades públicas.

3. Requisitos:

  • Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título do mesmo ou superior nivel ao correspondente dos estudos para os que se solicita a beca.
  • Cumprir os requisitos económicos legalmente establecidos (consultar aquí).
  • Estar matriculado nalgunha das ensinanzas do sistema educativo español enumeradas anteriormente.
  • Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No  caso de cidadáns da Unión Europea ou dos seus familiares deberán ter a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán ser menores de idade ou ter a residencia legal en España desde o 31 de decembro de 2020.
  • Cumprir determinados requisitos académicos (consultar aquí)

4. Cuantía da bolsa:

Os diferentes conceptos da cuantía da bolsa que se poderán percibir son os seguintes (hai que ter en conta que segundo as condicións particulares de cada solicitante poderase percibir a cuantía dalgúns conceptos e non doutros):
  • Cuantía fixa ligada á renda do solicitante: 1.700 euros.
  • Cuantía fixa ligada á residencia do solicitante durante o curso: 1.600 euros.
  • Beca básica para estudantes non universitarios: 300 euros.
  • Cuantía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros.
  • Cuantía variable: o importe mínimo son 60 euros e o máximo depende da resolución total do conxunto da bolsas. Para solicitantes que non superen determinados topes da renda familiar.
  • Beca de matrícula para estudantes universitarios: comprenderá o precio público oficial dos créditos nos que o estudante se matriculase por primeira vez no curso 2021 - 2022.

Máis información neste enlace

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...