1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:
O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 30 de setembro de 2021, inclusive.
As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha
vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos
sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o
proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que
sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado
pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática,
deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa
súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no
centro educativo no que realice os estudos no curso 2021 - 2022.
2. Destinatarios:
Alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, así como alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a TEA, a TDAH ou a altas capacidades intelectuais e que esté escolarizado en niveis académicos non universitarios no curso 2021 - 2022.
3. Requisitos:
- Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2020.
- Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
- Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado de discapacidade, se é o caso, certificado do departamento de orientación do centro educativo, certificado médico nalgúns casos... Enlace aos requisitos específicos segundo a causa da necesidade.
- Requisitos de carácter económico para tódolos solicitantes (Consultar aquí)
4. Cuantía da axuda:
Compoñentes:
Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica: ata 913 euros
Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913 euros
Axuda para programas específicos para alumnado con altas capacidades: ata 913 euros
Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos
ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o
correspondente servizo.
Máis información sobre as cuantías no enlace anterior, sobre os requisitos de carácter económico.
Máis información neste enlace
Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario