lunes, 28 de marzo de 2022

Probas libres para a obtención de títulos de FP

Estas probas permiten ás persoas que as superen a obtención directa dun título de FP de grao medio ou superior ou algún dos seus módulos. 

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula: do 18 ao 29 de abril de 2022 ás 13:00 hora

Enlace aos requisitos así como ás instrucións sobre o proceso de admisión

Enlace á oferta de prazas

Enlace ás instruciones sobre como realizar a solicitude vía web 

Enlace á plataforma ciclosadmision para realizar a solicitude (unicamente activa durante o prazo de presentación de solicitudes)

lunes, 21 de marzo de 2022

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para cursar estudos postobrigatorios no curso 2022 - 2023

Este curso hai un importante adianto no prazo para a presentación de solicitudes das bolsas para alumnos de niveles postobrigatorios.

Destinatarios: podes solicitar unha bolsa si cres que vas a realizar matricula no curso 2022-2023 nalgún dos siguientes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de grado medio y de grado superior
  • Formación Profesional de Grado Básico
  • Cursos de acceso e de preparación para ás pruebas de acceso a la Formación Profesional y cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio y superior, impartidos en centros públicos y privados concertados
  • Enseñanzas artísticas: profesionales y superiores
  • Enseñanzas de idiomas en Escuelas Oficiales, incluida la modalidad a distancia
  • Enseñanzas deportivas
  • Estudios religiosos superiores

 Prazo e lugar de presentación da solicitude:

Os prazos para presentar a solicitude abranguerán dende o 30 de marzo ao 12 de maio de 2022. Tódolos alumnos e alumnas deben solicitar a bolsa neste prazo aínda que non saibas aínda que vas a estudar, e incluso aínda que non saibas con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e cara ao mes de setembre poderás cambiarlos.
 
A solicitude realizarase de xeito telemático no seguinte enlace (ata o 30 de marzo está inactiva):

Enlace para realizar a solicitude 

Prema no seguinte enlace para consultar información sobre como presentar a bolsa e outras cuestións:

 

Convocados os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020 - 2021

PERSOAS BENEFICIARIAS: Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2020/21 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2021 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

IMPORTE DO PREMIO: Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (21/03/22).

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:  As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>(https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Máis información premendo na imaxe:

Concesión Premios Extraordinarios de FP 17-18 - STECyL-i 

Convocadas as probas para a obtención dos certificados CELGA 1, 2, 3 e 4, no ano 2022

 PERSOAS DESTINATARIAS:

Maiores de 16 anos ou que os fagan no presente ano 2022

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO:

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo I da orde de convocatoria (acceso premendo  na imaxe), e aboar a taxa correspondente.O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://entrada-sede.xunta.gal/ As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (18/03/2022). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal aínda que opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: 

a) Xustificante de pagamento da taxa

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

    Prema na imaxe para máis información:

 La Xunta convoca los cursos de gallego preparatorios de las pruebas Celga  2021 con más de 1000 plazas en línea y presenciales | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración