lunes, 21 de marzo de 2022

Convocados os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020 - 2021

PERSOAS BENEFICIARIAS: Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2020/21 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2021 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

IMPORTE DO PREMIO: Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (21/03/22).

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:  As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>(https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Máis información premendo na imaxe:

Concesión Premios Extraordinarios de FP 17-18 - STECyL-i 

No hay comentarios:

Publicar un comentario