viernes, 9 de septiembre de 2022

Convocadas as probas para a obtención dos certificados CELGA 2, 3 e 4, no ano 2022

PERSOAS DESTINATARIAS:

Maiores de 16 anos ou que os fagan no presente ano 2022

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO:

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo I da orde de convocatoria (acceso premendo  na imaxe), e aboar a taxa correspondente.O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://entrada-sede.xunta.gal/ As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (09/009/2022). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal aínda que opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: 

a) Xustificante de pagamento da taxa

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

  As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaria Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas de persoas admitidas.

  Prema na imaxe para máis información:

 La Xunta convoca los cursos de gallego preparatorios de las pruebas Celga  2021 con más de 1000 plazas en línea y presenciales | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

jueves, 1 de septiembre de 2022

Convocatoria de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados CELGA e de linguaxe administrativa

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas solicitantes deberán cubrir unha única solicitude telemática por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición abranguerá do 1 ao 10 de setembro de 2022 para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro - xaneiro) e do 3 ao 13 de xaneiro de 2023 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro - maio)

Lugares de realización dos cursos:

 

 

 

 

 Para máis información acceda a convocatoria premendo aquí