viernes, 17 de septiembre de 2021

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4

Destinatarios/as: persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria.

Datas de realización das probas: as probas terán lugar previsiblemente nos meses de novembro ou decembro do ano en curso. As datas concretas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.lingua.gal   

Presentación de solicitudes e prazo: o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación da convocatoria no DOG (13/09/21)

Para inscribirse nas probas Celga será necesario cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo 1 da orde de convocatoria (premendo na imaxe) e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, aboar a taxa correspondente (información na convocatoria) e presentalo preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica indicada, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos, incluído o sistema Chave 365, opcionalmente poderase presentar presencialmente nos rexistros da Xunta de Galicia. 

Máis información premendo na imaxe:

miércoles, 1 de septiembre de 2021

CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA PARA O CURSO 21 - 22 NAS ESCOLAS OFICIAIS DE GALICIA

Convócanse con carácter gratuíto diferentes cursos de lingua galega nas escolas oficiais de idiomas de Galica para os períodos: Outubro de 2021 - Xaneiro de 2022 e Febreiro - Maio de 2022.

Destinatarios:

Cursos CELGA: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Cursos Linguaxe administrativa: empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación e o persoal sanitario. 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021 para os cursos do primeiro período e desde o 4 ao 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo período.

Como facer a solicitude: cubrindo o formulario de inscrición telemática no enderezo: www.eoidigital.com/preinslinguagalega

Máis información premendo a seguinte imaxe:

 Celga - O Portal da Lingua Galega