Persoas beneficiarias:
Etiquetas
- ABAU 2021
- ABAU 2022
- ABAU 2023
- ABAU 2024
- Acreditación de competencias
- Bolsas e axudas ao estudo
- CIFP SOMESO
- Covid - 19
- Discapacidade auditiva e lingua de signos
- Emprendemento
- Estudos de FP
- Estudos universitarios
- Ofertas de emprego da familia profesional de Edificación e Obra Civil
- Ofertas de emprego da familia profesional de Fabricación Mecánica
- Ofertas de emprego da familia profesional de Imaxe Persoal
- Ofertas de emprego da familia profesional de Madeira
- Ofertas de emprego da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos
- Outros estudos
- Outros temas
- PAU 2025
- PAU 2026
- Protocolos
- Sistema educativo
- Técnicas de estudo
- Test intereses vocacionais
lunes, 22 de junio de 2026
Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2026 - 2027
lunes, 15 de junio de 2026
Publicado o calendario escolar para o curso 2026 - 2027
AS ACTIVIDADES LECTIVAS ABRANGUERÁN OS SEGUINTES PERÍODOS:
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior da formación profesional, nos cursos de especialización e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027, ambos incluídos.
Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027, ambos incluídos.
VACACIÓNS ESCOLARES:
Nadal: desde o 22 de decembro de 2026 ata o 7 de xaneiro de 2027, ambos inclusive.
Entroido: os días 8, 9 e 10 de febrero de 2027.
Semana Santa: desde o 22 de ao 29 de marzo de 2027, ambos inclusive.
Máis información premendo na imaxe:
Oferta Formación Profesional en Galicia para o curso 2026 - 2027
lunes, 8 de junio de 2026
Calendarios de admisión en Formación Profesional para o curso 2026 - 2027
A continuación expóñense as táboas cos diferentes calendarios de admisión en función do tipo de oferta:
Máis información aquí
martes, 12 de mayo de 2026
Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2026 - 2027
1. Destinatarios:
a) Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 25%.
b) Alumnado con trastorno grave de conduta
c) Alumnado con trastorno grave da comunicación ou da linguaxe
d) Alumnado con trastorno do espectro autista.
e) Alumnado con TDAH (ligado a discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe)
f) Alumnado con altas capacidades
O
dereito ás axudas dependen dos ingresos familiares e do número de
persoas computables na unidade familiar (ver detalles no enlace
inferior)
2. Cando debes solicitala:
Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026
lunes, 4 de mayo de 2026
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026 - 2027
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ata o 15 de maio ou 25 de xuño do 2025 segundo a proba a realizar e nos centros que se relacionan a continuación:
Prema na imaxe para obter información sobre modalidades de acceso, requisitos, documentación que debe acompañar á solicitude, exencións, datas das probas e outros aspectos importantes do desenvolvemento do acceso a estas ensinanzas.
miércoles, 29 de abril de 2026
Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026 - 2027
Tipos de ensinanzas artísticas superiores:
- Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
- Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais
- Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
- Ensiananzas artísticas superiores de Música.
Requisitos comúns das persoas aspirantes:
- Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos (de 16 para estudos superiores de música) que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos.
- Así mesmo é
preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas
superiores. No artigo 2.5 da convocatoria (premer imaxe inferior) establécense exencións para a realización desta proba.
Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes:
Prazo: dende o 28 de abril ata a data límite segundo modalidade (ver anexos da convocatoria)
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscición directamente nas secretarías dos centros.
As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados na convocatoria.
Máis Información sobre requisitos, prazos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe para acceder á convocatoria:
martes, 7 de abril de 2026
Bolsas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado de niveis postobrigatorios
Os prazos para presentar a solicitude abranguerán do 7 de abril ao 18 de maio ás 15:00
- Bacharelato
- Formación Profesional de grao básico, medio e superior en calquera das suas modalidades
- Ensinanzas Artísticas Profesionais
- Ensinanzas Deportivas
- Estudos Relixiosos Superiores
- Ensinanzas de Idiomas realizadas en Escolas Oficiais de titularidade pública, incluída a modalidade a distancia.
- Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á FP e cursos de formación específica para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior impartidos en centros públicos e privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de FP.
- Cursos de acceso á universidade para maiores de 25 anos impartidos por universidades públicas.
- Ensinanzas Universitarias (Graos, Máster)
- Ensinanzas Artísticas Superiores
- Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente dos estudos para os que se solicita a beca.
- Estar matriculado nalgunha das ensinanzas do sistema educativo español enumeradas anteriormente.
- Non estar repetindo no curso actual.
- Cumprir algúns requisitos académicos específicos do curso. Ver información nos seguintes enlaces:
- Para solicitar beca para cursar estudos non universitarios: enlace
- Para solicitar beca para cursar estudos universitarios: enlace
- Cumprir os requisitos económicos establecidos (consultar a información nos enlaces anteriores).
- Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No caso de cidadáns da Unión Europea ou dos seus familiares deberán ter a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán ter a residencia legal en España a 31 de decembro de 2025 (non é suficiente ter concedida a autorización de estancia).
- Cuantía fixa básica: 300 euros ou 350 no caso de graos básicos de FP. No caso de estudos universitarios bolsa de matrícula, dependerá da cuantía da matrícula
- Cuantía fixa ligada á renda do solicitante: 1.700 euros.(é incompatible coa cuantía fixa básica)
- Cuantía fixa ligada á cambio de residencia do solicitante durante o curso: 2.700 euros.
- Cuantía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros.
- Cuantía variable: o importe mínimo son 60 euros e o máximo depende da resolución total do conxunto da bolsas.
martes, 10 de marzo de 2026
Convocadas as probas de acceso a FP de grao medio e superior
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma e non cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos de grao medio.
ESTRUTURA DA PROBA
- Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: exame de Matemáticas.
- Científico-técnica:
exames de Ciencias
da natureza e
Tecnoloxía.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.
ESTRUTURA DA PROBA
- Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
- Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
- Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
- Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
- Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 29 de abril de 2026
INFORMACIÓN XERAL:
DATAS E LUGARES DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Período de solicitude: do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos inclusive)
Como solicitar a participación nas probas?: a solicitude realizarase a través da aplicación ciclosprobas (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Posteriormente a presentación da solicitude debe ser ou ben física na secretaría de calquera centro que imparta estudos de FP ou ben por vía electrónica (código de procedemento da sede electrónica da Xunta: ED312C, para os ciclos de grao medio e ED312D, para os de grao superior) empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: dependerá do centro no que se presenta a solicitude
Materiais das probas de acceso:
Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.
viernes, 20 de febrero de 2026
Datas importantes das PAU
DATAS DE SOLICITUDE:
DATAS DE REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS:
Convocatoria ordinaria: 2, 3 e 4 de xuño de 2026
Convocatoria extraordinaria: 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2026
PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMA NA IMAXE:
jueves, 12 de febrero de 2026
Convocatoria da proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos
DESTINATARIOS:
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
lunes, 2 de febrero de 2026
Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación en Empresa dentro das ensinanzas de Formación Profesional
Destinatarios:
- Primeiro prazo, para o alumnado que realice a formación na empresa ata o 31 agosto de 2026: dende o 30 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2026
Acollerase a este prazo o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2025 - marzo 2026 e nos períodos xaneiro - xuño, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2026.
O alumnado ao que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2026 e que anticipe a súa realización, non se acollería a este primeiro prazo.
- Segundo prazo, para o alumnado que realice o período formativo na empresa no período setembro - decembro de 2026: entre o 13 de outubro e o 13 de novembro de 2026.
Acollerase a este segundo prazo o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2026. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2026
As solicitudes serán presentadas no centro educativo onde o alumnado realice os estudos.
lunes, 19 de enero de 2026
Convocadas as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos
DESTINATARIOS:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos ou cumprilos no ano 2026.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin de outro título considerado equivalente.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2025/26 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2025/26 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo na imaxe).
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
–Convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.
–Convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no artículo 9.4 da convocatoria (acceso premendo na imaxe) ou por calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/ (código de procedemento ED540A)
DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de marzo de 2026 no caso da convocatoria de marzo e 5 de xuño de 2026 para a convocatoria de xuño.
PARTES DA PROBA:
Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas,
Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxías da
comunicación e da información.
Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia e Educación en Valores Civicos e Éticos
Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).
Máis información (aspirantes con NEAE, exencións...) premendo na imaxe: