lunes, 2 de febrero de 2026

Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación en Empresa dentro das ensinanzas de Formación Profesional

 Destinatarios: 

Alumnado matriculado nalgún ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP, cursos de especialización da FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas  de réxime especial ou programas formativos que realice as prácticas en empresas ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate as suas prácticas entre setembro de 2025 e decembro de 2026.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realice a formación na empresa ata o 31 agosto de 2026: dende o 30 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2026

Acollerase a este prazo o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2025 - marzo 2026 e nos períodos xaneiro - xuño, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2026. 

O alumnado ao que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2026 e que anticipe a súa realización, non se acollería a este primeiro prazo. 

  • Segundo prazo, para o alumnado que realice o período formativo na empresa no período setembro - decembro de 2026: entre o 13 de outubro e o 13 de novembro de 2026.

Acollerase a este segundo prazo o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2026. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2026 

As solicitudes serán presentadas no centro educativo onde o alumnado realice os estudos.

Máis información premedo aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario