1. Destinatarios:
a) Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 25%.
b) Alumnado con trastorno grave de conduta
c) Alumnado con trastorno grave da comunicación ou da linguaxe
d) Alumnado con trastorno do espectro autista.
e) Alumnado con TDAH (ligado a discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe)
f) Alumnado con altas capacidades
O
dereito ás axudas dependen dos ingresos familiares e do número de
persoas computables na unidade familiar (ver detalles no enlace
inferior)
2. Cando debes solicitala:
Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026
3. Cuantía da axuda:
Compoñentes:
Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana para alumnado interno en centros de educación especial: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913 euros
Cuantía asociada a altas capacidades: cantidade máxima de 913 euros
Subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros
Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos
ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o
correspondente servizo
4. Como solicitala e máis información:
Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:
