martes, 12 de mayo de 2026

Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2026 - 2027

1. Destinatarios:

a) Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 25%.

b) Alumnado con trastorno grave de conduta 

c) Alumnado con trastorno grave da comunicación ou da linguaxe 

d) Alumnado con trastorno do espectro autista. 

e) Alumnado con TDAH (ligado a discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe)

f) Alumnado con altas capacidades

O dereito ás axudas dependen dos ingresos familiares e do número de persoas computables na unidade familiar (ver detalles no enlace inferior)


2. Cando debes solicitala:

Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026

 

3. Cuantía da axuda:

Compoñentes:

Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana para alumnado interno en centros de educación especial: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913 euros
Cuantía asociada a altas capacidades: cantidade máxima de 913 euros
Subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros
 

Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o correspondente servizo
 
 
4. Como solicitala e máis información:
 
 
 
 
Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario