martes, 10 de marzo de 2026

Convocadas as probas de acceso a FP de grao medio e superior


 CICLOS DE GRAO MEDIO

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma e non cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos de grao medio.

ESTRUTURA DA PROBA

  • Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  • Matemática: exame de Matemáticas.
  • Científico-técnica: exames de Ciencias da natureza e Tecnoloxía.
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 21de maio de 2026
 
CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.

ESTRUTURA DA PROBA 

  • Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
  • Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
    • Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
    • Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
    • Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.

DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 29 de abril de 2026

 INFORMACIÓN XERAL:

DATAS  E LUGARES DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Período de solicitude: do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos inclusive) 

Como solicitar a participación nas probas?: a solicitude realizarase a través da aplicación ciclosprobas (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Posteriormente a presentación da solicitude debe ser ou ben física na secretaría de calquera centro que imparta estudos de FP ou ben por vía electrónica (código de procedemento da sede electrónica da Xunta: ED312C, para os ciclos de grao medio e ED312D, para os de grao superior) empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 

LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: dependerá do centro no que se presenta a solicitude  

Materiais das probas de acceso:

Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.


Prema na imaxe para acceder á convocatoria, na que atoparás máis información como posibles exencións, probas adaptadas en caso de discapacidade, TDAH, documentación a presentar...: 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario