Destinatarios: alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Prazos de admisión: desde o día 1 ata o 21 de marzo permanecerá aberto o
prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro
curso 2022/23.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de
admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas
antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do
20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño
ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
Como solicitar praza: a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado,
que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación,
marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles
valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía
electrónica a través da propia aplicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario