Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que
se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.
Prazo de presentación de solicitudes de matrícula: do 1 ao 12 de xuño de 2020
Lugar de presentación das solicitudes: secretaría do centro público elixido en primera opción.
As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro
Requisitos das persoas solicitantes:
Cumprir os requisitos de acceso
establecidos na Lei (basicamente para ciclos medios, título de formación
profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores,
ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da
LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Malia o anterior, coa finalidade de
facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de
persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber
vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á
realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de
competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as
persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan
acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao
traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral
directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo
correspondente.
Con carácter xeral, non estar
matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter
causado baixa no correspondente curso académico.
Non estar en posesión dun título de
formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de
formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, de educación, obxecto da proba.
(*) Excepcionalmente, no caso de houber
vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas
polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización
das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:
- sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
- ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.
(*) Tamén poderán matricularse de xeito
excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de
admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de
traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de
Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da
Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo,
do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas
libres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario