lunes, 31 de mayo de 2021

ACCESO AOS CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN DE FP. CURSO 2021 - 2022

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 aos cursos de especialización de FP. Queda pendente de publicar a oferta dos mesmos así como os requisitos de acceso a cada un deles.

 

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Deberase cubrir unha única solicitude (pendente de publicar) na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario