Destinatarios:
Alumnado de segundo curso dun ciclo de FP de grao básico, medio ou
superior da FP inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas
ou programas formativos así como calquera ciclo de FP dual que realice as prácticas en empresas ou ben nun centro de traballo dun concello
diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou
ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate a súa FCT ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2023.
Período de presentación de solicitudes:
- Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos
outubro 2022 - marzo 2023 e nos períodos xaneiro - xuño, xaneiro -
marzo e abril - xuño de 2023: 31 días naturais contados a partir do 29 de agosto de 2023. O alumnado de FP Dual acollerase a este prazo.
- Segundo prazo, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023: entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2023
As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.
Máis información premedo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario