miércoles, 16 de febrero de 2022

Convocadas as probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos

 DESTINATARIOS:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021/22 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2021/22 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo  na imaxe).


PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:

 –Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

 –Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 da convocatoria ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada

 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 20 de maio e 2 de setembro de 2022 para as respectivas convocatorias. 

 

PARTES DA PROBA:

Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música. 

Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 Resultado de imagen de probas libres eso galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario