jueves, 4 de febrero de 2021

CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, 2, 3 E 4


QUE TIPO DE CURSOS SE CONVOCAN?

cursos CELGA presenciais (CELGAS 3 e 4)
cursos CELGA en liña (CELGAS 1, 2, 3 e 4) 

    Os lugares e datas dos cursos figuran no anexo II da resolución (premendo na imaxe ao final da entrada)

QUEN OS PODE SOLICITAR?

  1. Persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria. 
  2. No caso dos cursos en liña, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:  
        – Un ordenador con conexión a internet. 
        – A conta de correo electrónico especificada na solicitude. 
        – Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
 

CANDO E COMO SE SOLICITAN?

    Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas.  

    O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (D.O.G.A. 03/02/2021).

    Cursos presenciais: cubrir o formulario de solicitude, que se publica como anexo I da resolución, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  

    Cursos en liña: cubrir o mesmo formulario de solicitude e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. As solicitudes dos cursos en liña presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 

    Máis información premendo na imaxe:

Resultado de imagen de celga 2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario