Destinatarios:
Alumnado de segundo curso dun ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas ou programas formativos así como calquera ciclo de FP dual que realice o módulo de FCT ou a FP dual ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do alumno ou ben noutra comunidade autónoma ou país.
Período de presentación de solicitudes:
- Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos outubro 2019 - marzo 2020 e nos períodos xaneiro - xullo, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2020: do 11 de xuño ao 11 de xullo de 2020.
- Segundo prazo, para o alumnado dos ciclos formativos que realice a FCT no período setembro - decembro 2020: do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2020.
Prema na imaxe para obter máis información
![]() |
No hay comentarios:
Publicar un comentario