miércoles, 17 de junio de 2020

Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de música para o curso 2020-2021

Condicións das persoas aspirantes:
  1. Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
  2. Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
  3. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
  • Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
  • As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia.
  • Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
  1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
  2. As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo nos conservatorios superiores de música de Galicia. 
Máis información premendo na imaxe: 


CSM Galicia - Centro Superior de Música de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario