miércoles, 17 de junio de 2020

Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2020-2021

Condicións das persoas aspirantes:
  1. Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
  2. Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
  3. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba. 
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario esta-blecido nesta resolución

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
  • Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
  • As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
  • Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
  1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
  2. As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo nas escolas de arte e superiores de deseño.
Máis información premendo na imaxe: 

 EASD Pablo Picasso - CROA MAGAZINE

No hay comentarios:

Publicar un comentario