Condicións das persoas aspirantes:
- Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
- Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario esta-blecido nesta resolución
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
- Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
- As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
- Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
- A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
- As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario