DESTINATARIOS:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos
que se especifican a continuación ou por calquera dos medios legais
establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal
Os centros son os seguintes:
a) EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA:
A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 28 de abril de 2023 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
PARTES DA PROBA:
1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades.
2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos.
Máis información como por exemplo outra documentación a presentar ou as especificacións dos diferentes exercicios da proba, premendo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario