DESTINATARIOS:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo na imaxe).
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
–Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
–Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no epígrafe 2.3 da convocatoria ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/
DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de maio e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias.
PARTES DA PROBA:
Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).
No hay comentarios:
Publicar un comentario