Requisitos das persoas aspirantes:
- Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos.
- Así mesmo é
preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas
superiores.
Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes:
Prazo: ata o 22 de maio
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia de solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro.
Información sobre requisitos, documentación a presentar, datas das probas específicas, etc. premendo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario