lunes, 24 de abril de 2023

Acceso ás ensinanzas superiores de música para o curso 2023 - 2024

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 16 anos que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de música.

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes:  

Prazo: ata o 22 de maio.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas das probas de acceso e outros aspectos, premendo na imaxe:

 Conservatorio Superior de Música de A Coruña – Conservatorio Superior de  Música de A Coruña, secretaría virtual, información académica y actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario