lunes, 24 de abril de 2023

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2023 - 2024

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, quedarán exentos desta proba quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.  

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes: 

Prazo: ata o 22 de maio

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na secretaría da escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro. 

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

 Escuela de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Galicia | en  Pontevedra

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario