miércoles, 8 de junio de 2022

Preinscrición, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia no curso 2022 - 2023

Prazo de preinscrición.

As preinscricións realizaranse desde o 27 de xuño ao 10 de xullo. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II da resolución (acceso á mesma premendo na imaxe).

O alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar estudos no curso 2022/23 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III (acceso á mesma premendo na imaxe), e formalizar a matrícula nos prazos establecidos nesta resolución.

Período de matrícula ordinaria:

Do 20 ao 30 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria:

Do 1 ao 20 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 1
e o 7 de xullo.

Máis información sobre condicións e tipos de acceso, tipoloxía da oferta educativa, procedemento de inscrición e matriculación en liña, etc premendo na imaxe:

 ÿþE S C O L A S O F I C I A I S D E I D I O M A S _ e x t e r i o r

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario