viernes, 17 de junio de 2022

ACCESO A FP DUAL CURSO 2022 - 2023.

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2022 - 2023 aos ciclos formativos de Formación Profesional de FP dual así como a súa oferta.

Para solicitar algún ciclo de FP Dual deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático (soamente activo durante o período de admisión) así como o currículo en formato europass (enlace para facelo) e o DNI, NIE ou pasaporte. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

As persoas admitidas nun proxecto de FP dual quedarán excluídas, e non serán adxudicadas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou no réxime para as persoas adultas en caso de teren presentada solicitude nestas modalidades. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos nas outras modalidades.

Oferta de ciclos de fp dual

Máis información premendo na imaxe:

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA | BALIDEA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario