miércoles, 8 de junio de 2022

Como solicitar ciclos medios e superiores de Formación Profesional así como cursos de especialización. Curso 2022-2023.

 A solicitude para primeiros cursos de ciclos de FP tanto en réxime ordinario como modular (de adultos) e para os cursos de especialización é preciso realizala vía online a través da plataforma da Consellería destinada a tal efecto: aquí tedes a ligazón: ciclosadmision.  A continuación deíxovos un tutorial sobre o uso da mesma. Recomendo o visionado porque aclara o seu emprego adecuado.




    As solicitudes deberán realizarse entre o 23 de xuño e o 5 de xullo ata as 13:00 horas. A continuación o resto do calendario de admisión:

 

  O día 19 de xullo sairá a primeira adxudicación de prazas. No caso dos ciclos de grao medio e superior se é adxudicada a praza na primeira preferencia incluída na solicitude de admisión, será necesario formalizar a matrícula no primeiro prazo de matriculación: do 19 ao 22 de xullo ás 13:00 horas no centro correspondente ou ben de xeito online a través da plataforma de admisión. No caso de que a praza adxudicada fora unha segunda ou posterior opción de preferencia da solicitude, pódese renunciar á praza adxudicada ou matricularse nela. Ante a renuncia, quedaría en listaxe de espera para as opcións de maior preferencia aínda que implica o risco de non ser admitido en ningunha (ver datas de segunda adxudicación e da primeira adxudicación de setembro no calendario de admisión premendo na imaxe). 

  Toda a información relativa a listaxes de solicitantes, adxudicacións, listaxes de espera,etc. poderá consultarse na seguinte ligazón

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario