jueves, 16 de febrero de 2023

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos

DESTINATARIOS:
 
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023. 
 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
 
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23
 
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
 
    O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican a continuación ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal 
 
    Os centros son os seguintes:
 
a) EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
 
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA:
 
    A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 28 de abril de 2023 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
 
PARTES DA PROBA:
 
1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. 

2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. 
 
 
Máis información como por exemplo outra documentación a presentar ou as especificacións dos diferentes exercicios da proba, premendo na imaxe:
 
 PRUEBA LIBRE PARA BACHILLERATO - 2019

 

lunes, 13 de febrero de 2023

Convocadas as probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos

  DESTINATARIOS:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo  na imaxe).


PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:

 –Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

 –Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no epígrafe 2.3 da convocatoria ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/

 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de maio e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias. 

 

PARTES DA PROBA:

Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música. 

Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 Resultado de imagen de probas libres eso galicia

Convocatoria de cursos gratuítos presencias e en liña de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados CELGA

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas para obter os certificados CELGA 2, 3 e 4.

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición.Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección. 

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se
contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia.

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves. No caso
de suspenderse algunha sesión por coincidir cunha festividade local ou por outra circunstancia, esta recuperarase ao longo do curso.

Lugares de realización dos cursos presenciais: 




 

Máis información premendo na imaxe: