miércoles, 17 de junio de 2020

Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de música para o curso 2020-2021

Condicións das persoas aspirantes:
  1. Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
  2. Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
  3. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
  • Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
  • As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia.
  • Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
  1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
  2. As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo nos conservatorios superiores de música de Galicia. 
Máis información premendo na imaxe: 


CSM Galicia - Centro Superior de Música de Galicia

Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de arte dramático de Galicia para o curso 2020-2021

Condicións das persoas aspirantes:
  1. Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
  2. Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
  3. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
  • Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
  • As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
  • Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
  1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
  2. As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia  
Máis información premendo na imaxe: 


ESADg | DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA · ESCENOGRAFÍA ...

miércoles, 10 de junio de 2020

Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Destinatarios:
Alumnado de segundo curso dun ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas ou programas formativos así como calquera ciclo de FP dual que realice o módulo de FCT ou a FP dual ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do alumno ou ben noutra comunidade autónoma ou país.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos outubro 2019 - marzo 2020 e nos períodos xaneiro - xullo, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2020: do 11 de xuño ao 11 de xullo de 2020.
  • Segundo prazo, para o alumnado dos ciclos formativos que realice a FCT no período setembro - decembro 2020: do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2020.

Prema na imaxe para obter máis información

Axudas económicas para a formación práctica en empresas

martes, 9 de junio de 2020

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

Persoas beneficiarias:
Alumnado que no curso 20/21 inicie ou continúe estudos posobligatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados nos termos municipales da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúnan os requisitos establecidos na orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes:
Período ordinario:
Para o alumnado matriculado en bacharelato: entre o 10 de xuño e o 10 de xullo
Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: entre o 10 de xuño e o 3 de agosto
Período extraordinario:
Entre o 15 e o 22 de setembro

Máis información sobre o procedemento de solicitude e condicións da persoa solicitante premendo na imaxe:

El centro | CRD de A Coruna