Formación Profesional Ordinaria
Formación Profesional Modular Presencial
Formación Profesional Modular Semipresencial e A Distancia
Formación Profesional Dual Intensiva
Programas Formativos de Formación Profesional
A continuación expóñense as táboas cos diferentes calendarios de admisión en función do tipo de oferta:
Máis información aquí
1. Destinatarios:
a) Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 25%.
b) Alumnado con trastorno grave de conduta
c) Alumnado con trastorno grave da comunicación ou da linguaxe
d) Alumnado con trastorno do espectro autista.
e) Alumnado con TDAH (ligado a discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe)
f) Alumnado con altas capacidades
O
dereito ás axudas dependen dos ingresos familiares e do número de
persoas computables na unidade familiar (ver detalles no enlace
inferior)
2. Cando debes solicitala:
Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ata o 15 de maio ou 25 de xuño do 2025 segundo a proba a realizar e nos centros que se relacionan a continuación:
Prema na imaxe para obter información sobre modalidades de acceso, requisitos, documentación que debe acompañar á solicitude, exencións, datas das probas e outros aspectos importantes do desenvolvemento do acceso a estas ensinanzas.
Tipos de ensinanzas artísticas superiores:
Requisitos comúns das persoas aspirantes:
Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes:
Prazo: dende o 28 de abril ata a data límite segundo modalidade (ver anexos da convocatoria)
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscición directamente nas secretarías dos centros.
As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados na convocatoria.
Máis Información sobre requisitos, prazos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe para acceder á convocatoria:
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma e non cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos de grao medio.
ESTRUTURA DA PROBA
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.
ESTRUTURA DA PROBA
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 29 de abril de 2026
INFORMACIÓN XERAL:
DATAS E LUGARES DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Período de solicitude: do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos inclusive)
Como solicitar a participación nas probas?: a solicitude realizarase a través da aplicación ciclosprobas (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Posteriormente a presentación da solicitude debe ser ou ben física na secretaría de calquera centro que imparta estudos de FP ou ben por vía electrónica (código de procedemento da sede electrónica da Xunta: ED312C, para os ciclos de grao medio e ED312D, para os de grao superior) empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: dependerá do centro no que se presenta a solicitude
Materiais das probas de acceso:
Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.