lunes, 24 de abril de 2023

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2023 - 2024

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, quedarán exentos desta proba quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.  

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes: 

Prazo: ata o 22 de maio

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na secretaría da escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro. 

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

 Escuela de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Galicia | en  Pontevedra

 

Acceso ás ensinanzas superiores de música para o curso 2023 - 2024

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 16 anos que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de música.

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes:  

Prazo: ata o 22 de maio.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas das probas de acceso e outros aspectos, premendo na imaxe:

 Conservatorio Superior de Música de A Coruña – Conservatorio Superior de  Música de A Coruña, secretaría virtual, información académica y actividades.

viernes, 21 de abril de 2023

Acceso e admisión de alumnado ás ensinanzas superiores de deseño para o curso 2023- 2024

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, quedarán exentos desta proba quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.  

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes: 

Prazo: ata o 22 de maio

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría dos devanditos centros. 

Máis Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

Axudas complementarias de Erasmus+ para ensinanzas artísticas superiores

miércoles, 12 de abril de 2023

Convocadas as probas libres para a obtención de títulos de FP

Estas probas permiten ás persoas que as superen a obtención directa dun título de FP de grao medio ou superior ou algún dos seus módulos.

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula: do 17 ao 28 de abril de 2023 á 13:00 


Enlace ás instrucións sobre como realizar a solicitude web

Enlace ao calendario oficial das probas

Enlace ao asistente para facer a solicitude (só activo no período de presentación de solicitudes)